Benito Soto, colección de poesía

Benito Soto, colección de poesía
[PUBLIC]

Editorial fundada en Pontevedra por Celso Emilio Ferreiro, director literario, Sabino Torres, director de edicións, Emilio Negreira, Rafael Alonso, como ilustrador, e Manuel Cuña Novás a finais de 1948. Dedicouse enteiramente á edición de poemarios, que saían do prelo na imprenta Gráficas Torres, que tiña establecida en Pontevedra o pai de Sabino Torres. Trátase da primeira empresa editora que publicou algúns libros en lingua galega trala Guerra Civil. Malia isto, o seu primeiro volume titulado Madrigal, obra de Emilio Negreira, saíu do prelo en castelán en 1949. Outros títulos publicados en castelán foron Como el río (1949), de Sabino Torres, Gárgolas (1950), de Tomás Barros e El dios de los precipicios (1925) de José Ruibal Argibay. Entre os publicados en galego destacan: Poemas de ti e de min (1949), de Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Dona do corpo delgado (1950), de Álvaro Cunqueiro, Anxo de terra (1950), de Carballo Calero, Cantos de cotovía, (1950), de Eliseo Alonso, Triscos (1950), de Luís Pimentel, Muiñeiro de brétemas (1950), de Manuel María, Follas de un arbre senlleiro (1950), de Manuel Fabeiro e Musa Alemá (1951), de Celso Emilio Ferreiro e Antonio Blanco Teixeiro.

Palabras veciñas

Benítez | Benítez Eiroa, Esther | Benítez Pérez, Manuel | Benito Soto, colección de poesía | Benito y Endara, Lorenzo | Benito, río | Benito/Benita