benzoico -ca

benzoico -ca

(< benzo + -ico)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao benxuí.

  2. ácido benzoico [QUÍM]

    Ácido presente no benxuí (de onde se obtivo xa no s XVII), que cristaliza en forma de láminas ou agullas brancas, solubles en etanol e en éter, moi pouco en auga, e que funden a 122,5°C. Os seus sales e ésteres están presentes en diversos produtos naturais (resinas, bálsamos, etc) e teñen moita aplicación en farmacia, cosmética e plásticos. O ácido libre e algúns dos seus sales empréganse como aditivos conservadores en gran variedade de alimentos.

Palabras veciñas

benzodiazepina | benzofenona | benzofurano | benzoico -ca | benzoilación | benzoilo | benzoína