Berà, arco de
Berà, arco de
[ARTE]
Arco de triunfo romano, no linde de Roda de Berá, elevado sobre a Via Augusta. É de tipo simple: un só arco encadrado por dúas pilastras corintias a cada lado que sosteñen o entaboamento; no seu friso está a inscrición dedicatoria. O total do monumento ten 12,28 m de altura e 12 de anchura. Dunha gran simplicidade decorativa, non posúe relevos, e está dotado dunha grande harmonía de proporcións. Foi edificado ao final do s I a C por orde testamentaria de Lucio Licinio Sura, xeneral de Traxano.