Berberana

Berberana

Adega radicada en Cenicero (Denominación de Orixe Rioja), unha das máis significativas da denominación. Fundada en 1877, posúe 5.000 hectáreas de viñedo e comercializa en torno a 20 millóns de litros de viño anualmente, destinando case un 50% para a exportación. É ademais cabeza dun grupo de adegas no que tamén se inclúen as prestixiosas Marqués de Griñón (fundada en 1994, especializada en Riojas de alto nivel de excelencia) e Marqués de Monistrol (radicada no Penedés catalán e fundada en 1882; elabora cava e viños, algúns deles de calidade destacable).

Palabras veciñas

berbequí | bérber | Berbera | Berberana | berberecheiro -ra | berberecho | Berberia