bergerette*
-
s
f
[LIT]
Poema de natureza pastoril que desenvolve o tema da chegada da primavera e o espertar do namoramento. No século XV, nalgunhas rexións francesas, os pastores e as pastoras recitaban e bailaban bergerettes o domingo de Pascua. A estrutura máis habitual do poema presenta cinco estrofas de seis versos con maioría de rimas femininas. Esta forma, denominada gran bergerette, presenta como variantes a media bergerette, construída con cinco cuartetas nas que predominan as rimas masculinas, e a pequena bergerette, tres cuartetas cun refrán, que reproduce parte do primeiro verso da composición e se engade na segunda e na terceira estrofa. Moitas bergerettes foron recollidas por Weckerlin en Bergerettes et chansons du XVIII ème siècle (1821-1910).
-
s
f
[MÚS]
Danza do s XVI escrita a miúdo en compás de 6/8. No terceiro libro de Danceries (1551), publicado por Tylman Susato, recóllense catro temas de bergerettes entre as danzas baixas.