Bergidum
Bergidum
[HIST]
Mansión do convento xurídico astur na que converxían as vías romanas XVIII, XIX e XX do Itinerario de Antonino, que unían a través de percorridos diferentes Braga (Bracara) e Astorga (Asturica), antes de chegar a Astorga. Localizouse en Cacabelos, ao L de Vilafranca do Bierzo. Os romanos ocupárona no ano 26 a C. Aparece mencionada nas fontes romanas, ademais, coas variantes ortográficas de Belgido e Bergido, que deu nome á comarca do Bierzo.