berkelio

berkelio
s m [QUÍM]

Elemento químico artificial radioactivo (transuránido) da familia dos actínidos, de símbolo Bk e de número atómico 97. No ano 1950, Thompson, Ghiorso e Seaborg identificaron o isótopo 243Bk ao bombardear o 241Am (americio) con ións helio. Presenta propiedades químicas semellantes ás do curio.