Bernabeu
Bernabeu
[ONOM]
Prenome masculino procedente do arameo bar ‘fillo’ e nabwh ‘profecía’; xa que logo, ‘fillo da profecía, profeta’. Este nome latinizouse en Barnabas e chegou a nós a través do francés Barnabé, mudando o a tónico en é. Como antropónimo presenta as variantes: Bernabel, Barnabeu e Bernabé. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Bernabeu foi o sobrenome que lle puxeron a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’</I