Bernárdez
Bernárdez
[ONOM]
Apelido de tipo patronímico. Formouse a partir do nome persoal de orixe xermánica Bernardo, forma composta polo xermánico *bera(n) ‘oso’, *baira ‘xabaril’ ou beran ‘levar, traer’ e mais o gótico hardus ‘forte, duro’). O apelido xa se documenta dende o s XII: “Bernaldus Bernaldici” (doc ano 1122 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 335), “Martin Bernaldez” (doc ano 1320 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 335).