Berto/Berta
Berto/Berta
[ONOM]
Antropónimo de orixe xermánica, usado como prenome a partir do hipocorístico dun nome pleno que tiña como primeiro elemento berht ‘brillo, resplandor’. Tamén pode ser o hipocorístico actual de nomes como Alberto, Roberto, Norberto, etc. A forma familiar de Berta e Totina Santa Berta (s VIII) foi filla do Rei franco Cariberto, casou con Etelberto de Kent; a morte deste, ingresou nun convento francés e morreu no 725. A tradición popular tamén lembra a beata Berta (s VIII), coñecida como Berta la filandière, muller de Pipino o Breve e nai de Carlomagno, finada no 783. A festa de santa Berta celébrase o 4 de xullo e a de san Berto o 15 de novembro.