Berycopsis

Berycopsis
[PALEONT]

Xénero de peixes fósiles da orde dos teleósteos, propios de finais do Cretáceo. Engloba especies de ata 35 cm de lonxitude, que se caracterizan por ser das primeiras en presentar aletas sostidas por radios espiñentos e dispor xa de glándulas independentes da gorxa na vexiga natatoria. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Inglaterra.

Palabras veciñas

berxel | berxena | berxenar | Berycopsis | Beryx | berzelianita | berzelita