besta
besta
(< lat bestĭa)
-
s
f
Animal irracional, principalmente o empregado para a carga ou transporte.
Ex: Na casa xa non usamos o carro porque non temos bestas.
-
s
f
Femia do cabalo.
Ex: Vimos no monte varias bestas bravas cos seus poldros.
Sinónimos: egua. -
s
f
Persoa de poucos coñecementos e que valora excesivamente a forza bruta.
Ex: É unha besta que rompe con todo o que sexa fráxil por tratalo sen xeito.
Sinónimos: animal.
Frases feitas
-
Andar enriba da besta. Atribuírse boas calidades.
-
Primeiro a aldraba e despois a besta. Aplícase cando unha persoa actúa de xeito contrario ao debido ou ao esperado.
-
Ter a vara e a besta. Ter o poder ou mando.
Refráns
- A be sta cargada a cincha mátaa.
- A besta non pregunta quen a monta.
- A besta preñada,¡cargala ata que para e,i despois de parida, cargala cada día.
- A mellor besta quere aguillón e a mellor muller quere varón.
- Ben sabe a be sta a quen leva e o demo a quen atenta.
- Besta alegre deitada apasta.
- Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva.
- Besta de herba, besta de merda / perda.
- Besta mular, ou comer ou andar.
- Besta que anda por calquera chan, para min a quero, non para meu irmán.
- Besta que anda por mal camiño, quéroa para min e non para o meu veciño.
- Besta que non poidas manter, débela vender.
- Besta que xeme, a carga non teme.
- Bestas en pelo hainas en Monterroso.
- Deus fixo as bestas para descanso dos homes.
- Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella.