betatrón
betatrón
s
m
[FÍS]
Acelerador circular de electróns onde estes son acelerados por un campo eléctrico tanxencial á traxectoria, inducido pola variación do fluxo a través dela, do campo magnético que actúa perpendicularmente ao plano da traxectoria, que se estabiliza grazas á forma especial das pezas polares. Funciona como un transformador de enrolamento secundario formado por unha soa espiral, que contén no interior un tubo onde se practicou o baleiro e por onde circula o feixe de electróns. Empréganse betatróns de 25 -35 MeV para a produción de raios X en radioterapia e en radiografía industrial.