Bethe, ciclo de

Bethe, ciclo de
[FÍS]

Conxunto de reaccións termonucleares proposto por H. A. Bethe como un proceso produtor de enerxía en certos tipos de estrelas. Denomínase tamén ciclo do carbono ou do carbono e do nitróxeno, porque os nucleos de 12C actúan de catalizadores na síntese de núcleos de helio a partir de 4 protóns.