betuláceo -a

betuláceo -a

(< lat bētŭla‘bidueiro’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás betuláceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta leñosa, árbore ou arbusto da familia das betuláceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas leñosas, árbores ou arbustos, que comprende unhas 70 especies, da orde das fagais. As flores dispóñense en amentos masculinos e femininos. A planta monoica florece antes da saída das follas. Danse nos países temperados e fríos do hemisferio norte, aínda que hai algunhas especies na alta montaña tropical de América e Asia. Gran parte das betuláceas proporcionan madeira, moi apreciada na construción de mobles. A esta familia pertencen o amieiro, o bidueiro e a abeleira.

Palabras veciñas

Bettonica, Luis | Betty Boop | Betula | betuláceo -a | Betulia | betulina | betumar