betume

betume

(

  1. s m [QUÍM]

    Mestura de hidrocarburos de orixe natural ou piroxénica ou de ambos os dous, case sempre acompañados de derivados hidrocarbonados, que pode ser líquida, máis ou menos volátil, semisólida ou sólida. É completamente soluble en disulfuro de carbono e está presente nos asfaltos e nas ceras minerais.

  2. s m [QUÍM/IND]

    Pasta empregada para facer lustroso o calzado, obtida por fusión homoxénea dunha mestura de ceras duras naturais ou sintéticas, parafinas e ceras microcristalinas plásticas, con disolventes orgánicos (principalmente augarrás, white spirit ou ambos os dous), xunto con colorantes.

    Ex: Comprei betume negro para lustrar os zapatos.

    Sinónimos: crema.
  3. s m [QUÍM]

    Mestura de pez, alcatrán, sebo e outros ingredientes que se utiliza para conservar os fondos das embarcacións ou formar os pavimentos.

  4. [CONSTR/ENX]
    1. s m

      Produto bituminoso.

    2. betume asfáltico

      Asfalto refinado para satisfacer unhas especificacións establecidas.

    3. betume epoxi

      Ligante bituminoso obtido coa mestura de betume asfáltico con pequenas cantidades de resina epoxi. Emprégase en conglomerados asfálticos de alta resistencia, pavimentos industriais, etc.

    4. betume líquido

      Betume asfáltico dunha consistencia tan baixa que non permite efectuar o ensaio de penetración.

    5. betume oxidado

      Produto bituminoso resultante da oxidación directa por insuflación de aire quente, que se caracteriza pola súa elevada resistencia ao envellecemento. Emprégase principalmente en inxeccións e impermeabilizacións.

  5. betume de Xudea [QUÍM/PINT]

    Asfalto natural. Coñecido dende hai moito tempo (culturas de Ur e Exipto), recibe este nome xa que os xacementos máis antigos de materiais bituminosos están no val do Xordán. Empregouse como colorante durante os ss XVIII e XIX, por mor dos matices característicos do marrón cálido.

Palabras veciñas

Betulia | betulina | betumar | betume | Beturia | Betxí | Betz,