biamperometría
biamperometría
(
s
f
[QUÍM]
Técnica electroanalítica de detección do punto final dunha volumetría, relacionada coa amperometría e baseada no uso de dous microelectrodos inertes polarizados, entre os que se aplica unha pequena diferenza de potencial (potencial de polarización). A biamperometría emprégase como base de moitos valoradores automáticos e, en particular, dos instrumentos usados para a valoración da auga polo método de Karl Fisher. A IUPAC recomendou a substitución do termo biamperometría por amperometría con dous electrodos indicadores.