biatlón

biatlón
s m [DEP]

Especialidade deportiva que combina a carreira de esquí de fondo co tiro ao branco con arma de fogo e que deriva, probablemente, das antigas competicións europeas. Incluíuse no programa oficial dos VIII Xogos Olímpicos de Inverno celebrados en Squaw Valley (California, EE UU) en 1960 e, dende entón, forma parte da competición olímpica.

Palabras veciñas

biarriztarra | biarticulado -da | BIAS | biatlón | biatloniano -na | biauricular | biaxial