bicada
bicada
(< lat beccu < celt becc‘pico’)
-
s
f
Acción e efecto de bicar.
Ex: Facía tanto que non o vía que se botou a el e lle deu unha bicada moi forte.
Sinónimos: beixo, bico. -
s
f
Comida que a ave leva dunha vez no peteiro para alimentar as súas crías.
Ex: A bubela levaba varios bechos na mesma bicada.
Sinónimos: biscallo, biscato, cibaco, ciballo, cigallada, cigallo. -
s
f
Golpe que as aves dan co bico.
Ex: Sentín un golpe na xanela e vin que un paxaro dera unha boa bicada contra o vidro.
-
s
f
Parte boa dalgunha cousa que obtén ou da que se apropia alguén con pouco traballo ou a baixo prezo.
Ex: Correspondeulle unha boa bicada da herdanza dos seus pais.