bicapa
bicapa
(< bi- + capa)
-
adx
Que presenta unha capa dobre ou dúas capas.
-
s
f
[BIOQ]
Asociación de fosfolípidos que nun medio acuoso enfrontan os seus extremos apolares (partes hidrófugas) e manteñen en contacto co medio os seus grupos polares (partes hidrófilas); deste xeito pódense formar vesículas ou liposomas pechados sobre si mesmos.