bíceps

bíceps

(< lat biceps ‘dúas cabezas’)

s m [ANAT]

Músculo que nunha das súas extremidades ten dous tendóns para unirse co óso. O bíceps braquial, músculo longo do brazo, innervado polo nervio músculo-cutáneo, produce a flexión e supinación do antebrazo, e a elevación e adución do brazo; o bíceps crural, músculo longo da coxa, innervado polo nervio ciático, produce a flexión da perna sobre a coxa. 0BS A forma bíceps emprégase polo xeral para referirse ao bíceps braquial.

Ex: É moi musculoso, ten os bíceps moi marcados.

Citas

  • É moi musculoso, ten os bíceps moi marcados.