bicheiro

bicheiro

(

  1. s m [PESCA]

    Aparello de pesca formado por un mango cilíndrico de madeira, cunha lonxitude aproximada dun metro e 50 centímetros, cun ou varios ganchos en forma de anzol. Este útil de pesca emprégase, fundamentalmente, para a captura do polbo e mesmo do congro. Xeralmente se utiliza como un aparello de pesca a pé, aínda que tamén se pode usar desde unha embarcación. A forma de traballar co bicheiro é moi sinxela: cóllese polo mango e introdúcese entre as pedras e nos buratos, cando se atopa un polbo engánchase e tírase del. Outro xeito de pescar co bicheiro foi o que en tempos se empregou na zona de Cambados, coñecido como pescar ao ramo; consistía en botar ramallos de árbores no mar, coa intención de atraer as femias dos polbos e dos congros; á súa vez, as femias atraían os machos da especie e así podían capturalos cunha maior facilidade. Existen variantes dos bicheiros que se empregan para toda unha gama de usos marítimos: atracar e desatracar os barcos, coller os cabos, recoller as cousas que caen ao mar, etc. Así, todos os barcos levan un bicheiro como auxiliar para as diferentes tarefas marítimas.

  2. s m

    Raño ou varal empregado polas embarcacións para atracar e desatracar.

  3. s m

    Frasco onde se gardan as sambesugas.

Palabras veciñas

bicha | bicharada | Bichat, Marie-François-Xavier | bicheiro | bichería | bicho | Bicho