Bidouredo, Torre da
Bidouredo, Torre da
Situada no concello de Monterroso, pertenceu ao antigo pazo dos Marqueses de Castelar, hoxe en ruínas. Conserva un edificio moi transformado que puido ser a capela. No corpo inferior hai unha porta con dovelas e no superior dúas ventás cuadrangulares, unha na cara N e outra na cara O. O tellado é de dúas augas. Un gravado coa coroa marquesal aparece na contraclave do arco. Os brasóns dos Salgado e dos Gundín consérvanse no museo de Lugo.