Bienvenido, Mister Marshall!

Bienvenido, Mister Marshall!
[IMAX]

Produción española do ano 1953 dirixida por Luis G. Berlanga, con guións de J. A. Bardem, Miguel Mihura e do propio Berlanga. Foi interpretada por José Isbert, Manolo Morán, Lolita Sevilla, Alberto Romea e Elvira Quintillá. Os habitantes dunha pequena vila castelá, Villar del Río, reciben a nova da chegada dunha comisión de técnicos e diplomáticos estadounidenses. Ilusionados ante a perspectiva de progreso, os veciños seguen a idea de Manolo de recrear unha vila andaluza como esencia do hispano, para causarlles unha impresión favorable; pero os americanos non se deteñen e as esperanzas dos veciños quedan frustradas. Trátase dunha crítica velada ao abuso de poder e á miseria que caracterizaban á España dos anos 50, tratada coa ironía propia de Miguel Mihura. O filme foi declarado de Interese Nacional e obtivo o premio á Mellor Comedia no festival de Cannes.

Palabras veciñas

Bienne | Bienvenida | Bienvenida | Bienvenido, Mister Marshall! | Bierbaum, Otto Julius | biercanderáceo -a | Bierce, Ambrose Gwinnett