biface

biface

(

s f [PREHIST]

Útil lítico realizado sobre bloque, coio, núcleo ou lasca grande que mostra sinais de tallado por ambas as dúas faces. A finalidade parece que foi a de obter unha peza con simetría axial. Pola súa disposición, presenta unha punta e un ou dous bordos vivos, cortantes, sinuosos ou rectilíneos. O seu emprego debía ser moi variado, segundo a forma, as dimensións e a calidade da elaboración, sendo unanimemente interpretado como un útil de función múltiple. Diversos prehistoriadores elaboraron diferentes clasificacións deste artefacto, sen embargo, a que obtivo maior difusión foi a tipoloxía empírica de François Bordes -quen distinguiu ata 21 tipos de bifaces a partir da súa morfoloxía e deseño-, aínda que co tempo se empregaron máis as clasificacións analíticas, baseadas no estudo individual de cada un dos seus atributos.

Palabras veciñas

biés, ó | biestable | Biet, Santiago | biface | bifacial | bifásico -ca | bifenilo