biliar
(
-
adx
[BIOQ/FISIOL]
Relativo ou pertencente á bile ou que a contén.
Ex: Despois do accidente tivo problemas co funcionamento da vesícula biliar.
-
ácido biliar
[BIOQ/FISIOL]
Cada un dos esteroides que hai na bile, caracterizados pola posición cis dos aneis A e B e porque todos os grupos hidroxilo están en posición a. Os máis coñecidos son os ácidos cólico, desoxicólico, quenodesoxicólico e litocólico. Proveñen da síntese hepática a partir do colesterol e están na bile en forma de sales biliares conxugados coa glicina ou a taurina.
-
pigmento biliar
[BIOQ/FISIOL]
Nome xenérico que se lle dá a toda unha gama de substancias que proveñen da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, no bazo e na médula ósea, e que teñen unha coloración verde ou amarela característica. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.
-
sal biliar
[BIOQ/FISIOL]
Nome xenérico dunhas substancias altamente tensoactivas e moi solubles en auga que se atopan na bile e que teñen un papel importante no metabolismo intermedio como emulsionantes dos lípidos. Son os sales dos ácidos biliares conxugados con taurina ou glicina.
-
vías biliares
[BIOQ/FISIOL]
Condutos que levan a bile dende o fígado ata o intestino delgado. Son os condutos biliares intrahepáticos dereito e esquerdo, a súa reunión constitúe a canle hepática, o conduto cístico e o colédoco.