biocida
biocida
(< bio- + lat occidĕre‘matar’)
s
m
[BIOL/AGR]
Composto químico empregado, principalmente en agricultura, para matar organismos vivos que interfiren nas actividades humanas. Segundo o grupo ao que afectan, fálase de herbicidas, insecticidas, rodenticidas e funxicidas. Dependendo da súa especificidade, os biocidas poden afectar a outros seres contra os que, en principio, non ía dirixida a súa acción; por outra banda os non biodegradables persisten na cadea trófica.