bioespeleoloxía
bioespeleoloxía
(
s
f
[BIOL]
Disciplina científica que ten por obxecto o estudo dos seres vivos que habitan o dominio subterráneo. O termo foi creado no 1904 por A. Viré. Non obstante , naceu como especialidade científica no 1831 coa primeira descrición dun ser vivo cavernícola, o coleóptero Leptodirus hohenwarti procedente da cova de Adelsberg (Carniola), realizada polo conde Franz von Hohenwart. A partir de 1857 proliferaron os traballos dedicados ao estudo dos cavernícolas por parte de gran número de naturalistas, primeiro en Francia, logo noutros países europeos e nos EE UU.