birrefrinxencia
birrefrinxencia
(
-
s
f
[FÍS]
Fenómeno de dobre refracción da luz que atravesa unha substancia anisótropa. É unha propiedade característica dalgúns cristais como o cuarzo, o espato de Islandia, a mica, o topacio, etc. Pode producirse artificialmente, en substancias opticamente inactivas, por métodos mecánicos, fotoeléctricos e magnéticos.
-
birrefrinxencia mecánica
[FÍS]
fotoelasticidade.