bisagra

bisagra

(< lat bissecula ‘dobrecorte’)

s f

Ferraxe de dúas pezas que enlaza as follas de portas e fiestras cos seus marcos. A bisagra facilita o movemento xiratorio das portas, fiestras e outras cousas que se abren e pechan. A peza longa que se fixa en sentido horizontal cando é máis grande ca a outra chámase macho, e a pequena que se coloca verticalmente chámase femia, e nela encaixa o pasador do macho.

Ex: Bótalle un pouco de aceite ás bisagras da porta para que non faga tanto ruído.

Confrontacións

gonzo

Citas

  • Bótalle un pouco de aceite ás bisagras da porta para que non faga tanto ruído.

Palabras veciñas

1 bisa | 2 bisa | bisadónico | bisagra | bisaio -a | Bisancos | bisar