bisarma

bisarma

(< fr antigo guisarme

s f

Arma primitiva de caza, semellante a unha lanza; consta dun pau que nun extremo leva un ferro de dous palmos de largo, cunha coitela atravesada, cunha punta aguda nun lado e coa figura dunha media lúa no outro. Aínda se usa nalgunhas comarcas galegas, cunha forma un pouco diferente: por un lado ten unha pequena fouce e, polo outro, unha punta inclinada cara a fóra. Esta armazón de ferro vai nun pau de dous metros de largo que adoita ter cravos de cabeza dourada no extremo por onde se colle. Os mozos levábana no ombreiro e con ela ían de noite ás foliadas, fiadeiros, etc. Antano, foi   empregada polas tropas galegas para derrotar o exército de de Napoleón na Guerra da Independencia de 1809.

Palabras veciñas

bisaio -a | Bisancos | bisar | bisarma | Bisauli | bisavó -a | bisazoico -ca