Bisorna

Bisorna
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural da vila de Isorna, en Rianxo. Con diferente grafía, utilízase tamén a forma toponímica Isorna. As súas armas levan: en campo de prata, cinco correas de goles con fibelas de ouro, postas en banda. O escudo empregado polo arcebispo de Santiago Álvaro de Isorna leva escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de prata, con cinco bandas de azul; segundo e terceiro cuarteis, en campo de azul, con cinco lises de ouro postas en aspa.

Palabras veciñas

biso | Bison | bisonte | Bisorna | bispado | bispal | bispo