Biston
Biston
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de bolboretas nocturnas da familia dos xeométridos ao que pertence a especie B. betularia, que cando aínda é eiruga se alimenta das follas do bidueiro e cando é adulta presenta dúas formas: unha moi clara salferida de negro e outra moi escura (melánica). Observouse que nas cidades industriais, onde a cortiza branca dos bidueiros se presentaba frecuentemente tisnada pola contaminación, a frecuencia da forma melánica era maior que nas vilas non contaminadas, onde a forma clara de bolboreta era máis frecuente. Este feito foi un exemplo clásico de adaptación.