bisturí
bisturí
(< fr bistouri < fr antigobistorie ‘puñal’)
-
-
s
m
Instrumento cortante en forma de pequeno coitelo que consta de dúas partes principais: o mango e a folla cortante, que pode ser fixa ou móbil e incluso recambiable. Úsase para practicar incisións cirúrxicas.
Sinónimos: lanceta. -
bisturí eléctrico
Instrumento cirúrxico empregado para seccionar os tecidos por medio de electricidade de alta frecuencia (10-200 megaciclos). Produce a coagulación dos tecidos dos labios da incisión, evitando as hemorraxias capilares.
-
s
m
-
s
m
Ferramenta de corte empregada na restauración de pinturas para eliminar capas superpostas ou para limpar o dorso da tea.