Blandina

Blandina
[ONOM]

Prenome feminino que ten a súa orixe no latín blanda ‘de carácter amable, cariñosa’, pero tamén hai quen o pon en relación co francés blander, blandir de significado ‘moi próximo’. Santa Blandina (s II), virxe e mártir francesa, era unha   criada que sufriu martirio xunto coa súa ama en 177, na persecución de Marco Aurelio. A lenda conta que a envolveron   nunha rede de gladiador para enfrontala ás feras do anfiteatro, pero un boi liberouna é lanzouna polo aire cos seus cornos. É patroa das criadas e servidores domésticos (xunto con santa Marta e santa Zita) e da cidade francesa de Lyon. A súa festa celébrase o 2 de xuño.

Palabras veciñas

Blandiana, Ana | Blandianes | blandicia | Blandina | Blandón | blandurrio -rria | Blanes