blastocladial
blastocladial
-
adx
Relativo ou pertencente ao fungo da orde das blastocladiais.
-
s
f
[FUNGO]
Fungo da orde das blastocladiais.
-
s
f pl
[FUNGO]
Orde de fungos da clase dos quitridiomicetos, de vida saprofítica ou parasita (de copépodos ou larvas de dípteros), que habitan na auga doce ou no solo. Producen micelios curtos e ramificados e presentan alternancia de xeracións ao ter o ciclo diplohaplonte.