blastomicose

blastomicose

(

  1. s f [PAT]

    Infección causada por fungos da orde das blastomicetais.

  2. blastomicose norteamericana [PAT]

    Infección causada polo fungo Blastomyces dermatitidis que ás veces se limita á pel, onde orixina lesións inflamatorias, ou ao pulmón, onde produce lesións de condensación, fibronodulares ou cavitarias. En ocasións pode xeneralizarse e afectar os ósos, o sistema nervioso, os riles, o fígado e o bazo. Tamén recibe o nome de enfermidade de Gilchrist.

  3. blastomicose queloidal [PAT]

    Infección cutánea causada polo fungo Loboa loboi.

  4. blastomicose sudamericana [PAT]

    paracoccidioidomicose.

Palabras veciñas

blastómero | Blastomeryx | blastomicetal | blastomicose | blastopatía | Blastophaga | blastóporo