blefaroptose
blefaroptose
(< blefaro- + gr πτῶσις ‘caída’)
s
f
[MED]
Ptose palpebral ou caída da pálpebra superior. Pode ser unilateral ou bilateral e, se é acentuada, pode afectar a visión ao quedar cuberta a pupila. A blefaroptose é posible por mor de trastornos conxénitos ou de trastornos adquiridos.