blenda
blenda
(
s
f
[MINERAL]
Sulfuro de zinc, de fórmula ZnS. Cristaliza no sistema cúbico en cristais en forma de tetraedro ou rombododecaedro, a miúdo deformados e complexos. Tamén os hai en masas de aspecto fibroso ou concrecionados. A súa estrutura cristalina é análoga á do diamante. Ten unha dureza 3,5-4 e unha densidade 4,09; é dunha cor amarela tirando a marrón, máis ou menos incolora segundo o contido en ferro. É a fonte máis importante para a obtención de zinc e preséntase a miúdo asociada coa galena.