Bo pastor

Bo pastor
[RELIX]

Representación alegórica de Xesús como un pastor que leva aos ombros unha ovella. A súa orixe sitúase no reparo dos primitivos cristiáns para representar a figura de Cristo, acudindo neste caso á figura do pastor que guía o seu rabaño, o pobo cristián. O modelo iconográfico deriva do crióforo grego. As primeiras representacións están nas catacumbas (frescos das catacumbas Domitila) e nos sarcófagos; despois realizáronse esculturas exentas (Bo Pastor das catacumbas, museo de Letrán). No xacemento romano de santa Marta de Lucenza (Ourense), atopouse unha figura do Bo Pastor realizada en mármore ou alabastro. Perdeu a parte inferior e hoxe aparece decapitado; de procedencia italiana, dátase nos ss IV ou V.

Palabras veciñas

Bo azköy | Bo Evento | Bo Hai | Bo pastor | Bo, Carlo | bo-jitsu* | boa