2 bobo -ba

2 bobo -ba

(

  1. adx e s

    Persoa de escaso entendemento.

    Ex: Non es bobo, así que non precisas axuda para facer os teus deberes.

    Sinónimos: idiota, imbécil. Antónimos: intelixente.
  2. adx e s

    Moi candoroso e simple.

    Ex: Cre todo o que lle din, é un bobo.

    Sinónimos: idiota.
  3. adx

    Que demostra unha falta parcial ou total de intelixencia.

    Ex: Sempre vés con preguntas bobas.

    Sinónimos: idiota, imbécil. Antónimos: intelixente.
  4. s

    Personaxe gracioso que aparece nas farsas, autos e entremeses.

    Ex: Facía o papel de bobo naquela representación e estaba moi simpático.

  5. s

    Persoa que cos seus ditos, feitos ou gracias fai, ou pretende facer, rir aos que o escoitan.

    Ex: Era o bobo da clase e todos riamos coas súas parvadas.

Palabras veciñas

bobinar | bobiné | 1 bobo | 2 bobo -ba | Bobo Arce, Marta | Bobo-Dioulasso | Boborás