Bodleian Library
Bodleian Library
Biblioteca pública e universitaria de Oxford (Inglaterra). Foi reorganizada e aberta por Thomas Bodley no ano 1602. Dispón de máis de cinco millóns de volumes. A súa importancia radica nos fondos de manuscritos orientais, nas coleccións sobre literatura e historia inglesa, e nos impresos raros. Inclúe a Radcliffe Camera, a New Library e as bibliotecas que dependen dela, a Radcliffe Science Library, a Law Library, a Indian Institute Library e a Rhodes House Library. Dende o ano 1610 ata o 1753 foi a única biblioteca central.