bodo

bodo
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bodos.

  2. s

    Individuo das tribos bodo.

  3. s [ETN]

    Conxunto de tribos (bara, garo, dimasa, etc) estendidas por unha zona comprendida dende o sur do Bhutan e do Assam ata o leste de Tripura. Dominaron o Assam ata o s XIII. Son agricultores e gandeiros, e coñecen a metalurxia, a cerámica e o tecido. A súa organización é patrilineal. Adoptaron parcialmente o sistema de castes. A súa relixión influíu no tantrismo.

  4. s [LING]

    Lingua asiática da familia sino-tibetana e do grupo tibetano-birmano. Fálase no Val de Brahmaputra por unhas 35.000 persoas.

Palabras veciñas

Bodley, Thomas | Bodmer | Bodmer, Johann Jakob | bodo | Bodo | Bodon, Joan | bodoni