bóer

bóer

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bóers.

  2. s

    Individuo do pobo bóer.

  3. s

    Pobo de África do Sur de ascendencia principalmente holandesa, chamado tamén africáner.

  4. guerra dos bóers [HIST]

    Conflito colonial entre Gran Bretaña e as dúas repúblicas bóers de Orange e Transvaal, onde se descubriron importantes minas de ouro, entre os anos 1899 e 1902. Rematou trala sinatura do Tratado de Vereeniging e a incorporación de ambas as dúas repúblicas como colonias británicas.