1 boga
1 boga
(
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de ata 35 cm de lonxitude, de corpo fusiforme, moi comprimido e cunha sección anterior subcircular. A boca é pequena e oblicua, cos labios moi finos e dentes nunha soa ringleira de incisivos, localizados en ambas as dúas mandíbulas; os superiores presentan catro puntiñas e os inferiores cinco, coa central máis longa. É de cor verdosa no lombo e prateada no ventre, e presenta catro liñas douradas dispostas lonxitudinalmente nos laterais e cunha mancha negra na base da aleta pectoral. As bogas forman grupos moi numerosos e poden aparecer tanto preto da costa como a grandes profundidades, onde se alimentan de algas, crustáceos e pequenos peixes.
-
boga de río
[ANIMAL/ICT]
[
Sinónimos: escalo.