Bogueira
Bogueira
[HIST/HERÁLD]
Antiga liñaxe de orixe xudía que fundou casa en Ribadeo. As súas armas levan, en campo de azul, baixo ondas de azul e prata, unha bogueira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bogueiro, Bogo, Bogón, Boga e Bogardo.