Bohème, La

Bohème, La
Nome científico: [A bohemia]
[MÚS]

Ópera en catro actos de Giacomo Pucini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica, baseada en Scènes de la vie Bohème (Escenas da vida bohemia), de Henri Murger (Turín, 1896). Un dos produtos máis típicos do Naturalismo operístico italiano, a súa autenticidade teatral fixo dela a ópera máis popular de Pucini. Ruggiero Leoncavallo escribiu unha ópera homónima estreada en Venecia en 1897.

Palabras veciñas

Boguina | Bogza, Geo | bohaírico -ca | Bohème, La | Bohemia | Bohemia Central | Bohemia Meridional