boleadoras*

boleadoras*
s f pl [CAZA]

Arma arreboladiza consistente en diversas bólas, xeralmente de pedra, ligadas con correas por grupos de tres ou catro, que se lanza ao pescozo ou ás patas dun animal para inmobilizalo. É o método tradicional de caza no Chaco, na Pampa arxentina, e entre os araucanos, así como tamén entre os esquimós e os chukchis.

Palabras veciñas

bolé | Bolea | Bolea e de Portugal, Bernaldo de | boleadoras* | bolear | boleardo | boleca