Bol’šoj, Ballet de
Bol’šoj, Ballet de
Compañía de danza da Academia Oficial de Ballet e de Ópera. Foi fundada en Moscova no 1776 e entre os anos 1820 e 1830 desenvolveu un papel determinante na creación do ballet nacional ruso. Despois da revolución de 1917 conservou o seu carácter oficial e ampliou a súa proxección internacional. Debido á disolución da Unión Soviética e á fuxida dos seus mellores artistas cara a Occidente, atravesa unha crise importante.