bombeiro -ra

bombeiro -ra

(< bomba hidraúlica)

s

Persoa que forma parte dun corpo organizado para extinguir incendios. Entre as súas tarefas está tamén o salvamento de persoas en perigo ou accidentadas, o desafogo de vías públicas, o socorro en caso de grandes derrubamentos, terremotos ou inundacións, etc. Os primeiros corpos de bombeiros apareceron en Francia (1722), Gran Bretaña (1824) e Alemaña (1846) e, a finais do século, nos EE UU, algúns deles militarizados, como os corpos de zapadores-bombeiros, de orixe francesa. Á hora de actuar, a súa rapidez é un factor fundamental. Traballan axudados dunha escaleira automatizada que levan no coche de bombeiros e cun equipo formado por traxes ignífugos, casco, machete, equipos auxiliares de osíxeno para a respiración e mangueiras que se conectan ao propio vehículo ou ás bocas de rega.

Palabras veciñas

Bombardino, El | 1 bombear | 2 bombear | bombeiro -ra | Bombelli, Raffaele | bombeo | bómbice